
O Club Joventut de Badalona á unha entidade baloncestística da cidade de
Badalona, fundado no ano 1930. Coñecido polos seus siareiros como La Penya é, xunto co
Real Madrid C.F. e o
C.B. Estudiantes, o único club que ten participado sempre na máxima categoría do baloncesto español. O Joventut está considerado como un dos clubes de baloncesto máis prestixiosos de Europa. Entre os trofeos conquistados, salientar unha
Liga Europea, dúas
Copas Korać e catro
Ligas ACB. Os seus xogadores visten un uniforme que consiste nunha camisola verdinegra e un pantalón negro. A cancha de xogo e, ademáis, sede oficial do club é o
Pavilló Olímpic de Badalona, recinto inaugurado con motivo dos
Xogos de Barcelona 1992, e que ten unha capacidade para 13.000 espectadores. O seu actual presidente é o carismático ex jugador
Jordi Villacampa. Un dos sinais de identidade do club é a forte aposta polo traballo da canteira e un estilo de xogo rápido e moi agresivo.
Podes ver o que Wikipedia di: